CRTVG

Buscar

Segue a busca dun suposto desaparecido na ponte de Rande

Publicado o 13/05/2019 14:35

Continúa a busca do home que deixou o seu coche en marcha e coas chaves postas na ponte de Rande.

Foi un condutor que circulaba por este punto quen avisou o 112. Enseguida se puxo en marcha un amplo operativo por terra, mar e aire, para intentar dar co ocupante do vehículo. Nos labores de busca participan mergulladores da Garda Civil con base na Coruña, para rastrexar o fondo da ría. Ademais, mobilizáronse as embarcacións Corvo Mariño, do Instituto Armado, e Salvamar Mirach, de Salvamento Marítimo. Tamén se sumou á busca o helicóptero Pesca 1. A Garda Civil deu avisó á muller do desaparecido, que xa interpuxera unha denuncia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019