CRTVG

Buscar

Buscan os mozos que descolgaron un farol en Santiago

Publicado o 22/04/2019 22:21

Coa axuda destas imaxes, a policía trata de localizar estes mozos que durante a fin de semana, de madrugada, descolgaron unha das lámpadas dos soportais do cantón do Toural, en plena zona histórica compostelá. Graváronas eles mesmos entre risas mentres cometían o acto vandálico. Despois subiron a Internet unhas imaxes que agora servirán para identificalos.

Os veciños da zona lamentan este tipo de actos vandálicos, que atribúen, sobre todo, á falta de civismo, aínda que tamén comentan que debería aumentar a vixilancia para protexer o patrimonio, que é de todos. A policía puido recuperar o farol que os mozos deixaron tirado na rúa. Os operarios municipais volverán colocado no sitio unha vez que rematen as dilixencias abertas polo caso.

Noticias web

22/04/2019