Segue a busca do octoxenario desaparecido no concello lugués do Páramo
Publicado o 16/04/2020 14:31
E no concello lugués do Páramo segue a busca de José Vázquez, o veciño de 84 anos desaparecido o martes á tarde. Nas últimas horas participaron no operativo de busca o helicóptero da Garda Civil e a unidade de guías caninos e hoxe sumábanse os mergulladores deste corpo.
Centran a busca no río Miño, despois de que aparecera a gorra do ancián na contorna. Voluntarios de protección civil tamén peitean o leito en lancha.