CRTVG

Buscar

Segue a aumentar a demanda de consultas psicolóxicas tras case un ano de pandemia

Publicado o 24/02/2021 20:57

Vai para un ano que convivimos en pandemia, con confinamentos e restricións que están a pasar factura tamén a nivel psicolóxico.

En Galicia estas últimas semanas de máximas restricións foron especialmente duras con peches perimetrais por concellos e prohibición de reunirse con non conviventes. A sensación de desánimo semella xeneralizada e o medo segue presente.

O Colexio de Psicoloxía de Galicia ten aberto na súa web un espazo de autocoidado. Un espazo gratuíto que pon a disposición do usuario ferramentas para mellorar o estado emocional, aumentar a autoconfianza e superar as preocupacións.

Noticias web

24/02/2021