CRTVG

Buscar

Óscar recoñece que Augusto Fernández encaixa no perfil que busca

Publicado o 10/01/2020 19:09

A situación de Lobotka capitalizou boa parte da rolda de prensa de Óscar. "Todos sabemos da calidade de Lobotka, é un dos mellores xogadores que temos pero a situación é a que é e o club está a facer todo o posible", sinalou o técnico do Celta.

O club terá que acudir ao mercado na procura dun xogador dun perfil moi definido de acordo ás peticións do seu adestrador:  "Pedín posicións e un prototipo de xogador que nos poida sumar, que nos poida sumar tanto no campo como fóra del", di Óscar

E ese líder que busca o Celta ben podería ter un nome ben coñecido: "Todos sabemos da calidade futbolística de Augusto, da súa personalidade, do querido que é aquí no Celta", recoñeceu o técnico catalán.

O mercado e o futuro acapara o interese celeste por enriba do partido de copa ante o Mérida pero o adestrador cre que unha vitoria pode ser moi positiva para o seu equipo: "Creo que calquera reforzo positivo é bo agora para o equipo e temos moita ilusión nesta copa, en chegarmos o máis lonxe posible"

Pois na convocatoria para Mérida entran Sergio e Denis Suárez e quedan fóra Lobotka, Beauvue e Rafinha

Noticias web

10/01/2020