CRTVG

Buscar

Óscar García, sobre o mercado: "Estou centrado no que teño, non no que me gustaría ter"

Publicado o 11/09/2020 20:44

A un día de comezar a liga Óscar García non ten o equipo que lle gustaría. Os rumores do mercado non lle din nada.
Óscar García, adestrador do Celta: "Ningún dos que sonan pode axudarnos esta fin de semana. Estou centrado no que teño, non no que me gustaría ter"
Na convocatoria para Eibar está Okay, malia a súa posible marcha a Turquía. E as catro novidades deste ano: Tapia, Vadillo, Baeza e o repescado Emre Mor. Óscar García quere ver outro Celta no campo pero advirte que pode levar tempo: "Quero un equipo gañador, máis dinámico. É un proceso que pode tardar máis dependendo do perfíl de xogadores que tes"
O bo é que o Celta non é o único equipo a medio facer. "Nin nós nin ningún equipo vai estar ó cen por cento. Gañar reforzaría o que temos traballado esta pretemporada"
A falta de chegadas o Celta confirma unha saída, a do Toro Fernández, que marcha cedido ó Zaragoza.
 

Noticias web

11/09/2020