CRTVG

Buscar

Un Celta con poucas novidades inicia un novo campionato de liga

Publicado o 11/09/2020 14:25

• O Celta comeza ás 16:00 horas a competición en Ipurúa ante o Éibar

Máis aló das poucas fichaxes do Celta , e do molesto que poida estar Óscar García, o adestrador asume "que ningún equipo vai estar ao cen por cento"

Só tres partidos na pretemporada. Moitas rotacións. Pero unha idea que repite dende hai semanas é que quere un equipo "agresivo, gañador e dinámico"

Un proceso que comeza en Ipurúa ante o Eibar de Mendilibar, sen Orellana e sen Charles, e sen apenas caras novas.
 
É o partido que abre a temporada 2020-21, un novo curso para Óscar García, polo momento, con Vadillo, Tapia e Baeza

Noticias web

11/09/2020