CRTVG

Buscar

Óscar García: "Non facemos cábalas, a idea é lograr a permanencia o antes posible"

Publicado o 06/07/2020 21:01

O Celta quere evitar os nervios. O Atlético de Madrid é o rival máis forte dos catro que lle quedan para acabar a liga e lograr a permanencia: "A idea é conseguilo o antes posible. Non facemos cábalas".

Despois queda enfrontarse ao Osasuna, Levante e Español. O adestrador di que a ansiedade lle impide ao Celta desenvolver o seu xogo. "Son moitos partidos seguidos coa presión engadida de lograrmos o obxectivo".

Contra o Atlético non xogará Araújo, sancionado tras recibir o quinto cartón. Hai outros sete apercibidos: Rubén, Murillo, Aidoo, Olaza, Pape Cheikh, Smolov e Santi Mina. O Atlético de Madrid ten a baixa por lesión de João Félix.

Noticias web

06/07/2020