CRTVG

Buscar

Lobotka pasou o recoñecemento médico co Nápoles e asinará nas vindeiras horas

Publicado o 11/01/2020 12:50

Lobotka está fóra do Celta. Esta mañá pasou o recoñecemento médico co Nápoles co que asinará para as vindeiras temporadas. O conxunto vigués percibirá 20 millóns de euros máis catro en variables.

O adestrador dos celestes, Óscar García, xa se amosara moi claro na última comparecencia pública: "Lobotka estaba xogando aquí e vai saír no mercado. Estase adestrando ben, o único é que para competirmos necesitamos xente que estea cen por cento pensando en que vai quedar aquí e que quere xogar aquí.

O técnico catalán rematou anoxado co eslovaco pola súa actitude mentres non se pechaba o seu traspaso ao Nápoles: "Hai algunhas cousas que creo que podería facer mellor, pero non sei quen o rodea, quen o aconsella", explica Óscar.

 

Noticias web

11/01/2020