CRTVG

Buscar

Satisfacción entre os pescadores deportivos, desde hoxe xa poden vover aos ríos

Publicado o 18/05/2020 14:15

Dous meses despois de iniciarse a campaña de pesca, nos ríos galegos non se colleu unha soa troita. A situación cambia a partir deste luns despois que o Goberno central rectificase para autorizar a caza e a pesca en todas as zonas en fase 1 da desescalada.

Satisfacción entre os pescadores, que non entendían como non se permitía esta práctica deportiva, máis aínda cando non require de contacto social.

Javier Quintana, xuíz de pesca fluvial, di que a propia lei establece 10 metros de distancia entre pescadores e que ningúen quere estar preto doutro pescador, polo que o risco de contaxio é nulo.

Destacan tamén os beneficios da reactivación da actividade para a recuperación económica.

David Rodriguez, dunha tenda de caza e pesca, di que o confinamento os colleu un día antes de comezar a campaña co todo o material. Javier Quintana, xuíz de pesca fluvial, di que os pescadores non só collen peixes, senón que tamén fan gasto na zona.

Satisfacción tamén entre a Federación Galega de Caza. Ata agora só se permitían capturas de xabaril mediante a modalidade de espera, que se fai de noite e cun único cazador.

Noticias web

18/05/2020