CRTVG

Buscar

Satisfacción entre os participantes as visitas guiadas á cova do rei Cintolo

Publicado o 07/04/2019 20:27

Outro plan para as fins de semana é adentrarse na cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Unha visita ás entrañas da terra. Isto é o que poden atopar.

No mesmo grupo visitando a cova poden cadrar un máximo de dez persoas. A cova está na metade da aba dunha montaña. O acceso é a través dunha pasarela de madeira. Hoxe o día está chuvioso, pero dentro a auga non se nota.

A visita é un agasallo para a vista. Mide uns sete quilómetros, pero só se visita unha pequena parte.
Hai que camiñar con coidado. É unha cova calcárea e hai moito humidade. Un esborrexe facilmente.

LUCAS ARES, GUÍA DA COVA DO REI CINTOLO "A cavidade calcárea máis importante de galicia, moi importante xeolóxicamente"

Cada persoa debe pagar quince euros por acceder. As visitas duran unha hora e pagan a pena. Na cova hai colonias de morcegos. O guía pide silencio e que nos alexemos. Hai que respectar a vida, o mesmo cá cova. Non se debe tocar para que a natureza poida seguir traballando, facendo as súas galerías allea ao home.

As visitas son os venres, sábados e domingos. O restos dos días a cova volve ao seu e a escuridade.

Noticias web

07/04/2019