CRTVG

Buscar

Sanxenxo serve como exemplo das restricións que imperan na comarca do Salnés

Publicado o 03/10/2020 14:51
Sanxenxo serve como exemplo das restricións que imperan na comarca do Salnés

Sanxenxo serve como exemplo das novas restricións que imperan en toda a comarca do Salnés desde a súa publicación no DOGA, do xoves ao venres. Os bares e os restaurantes volven a iso da metade da capacidade e á prohición do consumo nas barras.


Algúns hoteis pecharán por primeira vez este outono porque os xubilados, o gran grupo de risco ante o coronavirus, non viaxarán a temporada baixa deste 2020.



O paseo de Silgar, este mediodía, non estaba deserto. Moitos madrileños quedan en Sanxenxo, nas súas segundas residencias, á espera da evolución das cifras de Madrid.



En Sanxenxo hai 28 positivos en coronavirus, un menos ca onte. A cifra máxima rexistrouse o mércores cando había 34 persoas coa covid-19.

Noticias web

03/10/2020