CRTVG

Buscar

Sanxenxo, primeiro municipio galego declarado de preferente actuación turística

Publicado o 27/07/2020 15:12

Sanxenxo quere ser un referente todo o ano. Amais de ser un dos concellos máis turísticos do noroeste de España agora este municipio quere relanzar as súas posibilidades entre os seus visitantes incluíndo non só praias, tamén rutas de sendeirismo e a súa arquitectura.

E a carón da ermida da Lanzada, Sanxenxo recibiu esta mañá da man do conselleiro de Cultura en funcións o distintivo de territorio preferente de actuación turística converténdose no primeiro concello de Galicia con este galardón.

Culmínase así un proceso iniciado hai un ano polo Concello. A Xunta contribuirá a impulsar este destino enfocado ao turismo familiar e deportivo.

Un plan integral en que se investirán arredor de 800.000 euros para un concello que conta co maior número de segundas residencias de Galicia, un total de 8.000 vivendas.

Noticias web

27/07/2020