CRTVG

Buscar

Santiago Pemán e un percorrido pola alameda de Santiago e as rúas da zona vella

Publicado o 11/03/2019 14:52

Santiago Pemán segue co seu habitual sentido do humor, facendo entre sete e oito quilómetros ao día. Amosounos na alameda a fonte de mármore branca que antes estaba ao lado da igrexa de Santo Agostiño. Tamén nos ensinou a árbore que viu plantar de pequeno a Eva Perón, estivemos ao lado da escultura en homenaxe a Rosalía de Castro e tamén visitamos as dúas Marías, ás que Santiago coñeceu. Paseamos ata a praza do Toural e na rúa Nova vimos unha mira das que había antes no teito. Contounos como emprezou no mundo da televisión e aprendemos moitos refráns.  

 

 

 

Noticias web

11/03/2019