Santiago fai 35 anos como Patrimonio Cultural da Humanidade
Desde 1941 Compostela tiña recoñecemento estatal, xa que nese ano foi declarada Conxunto Histórico de Interese Nacional.
En 1985 chegou o título internacional, Patrimonio Cultural da Humanidade. O daquela alcalde, Xerardo Estévez, lembra que non foi só unha placa honorífica.
"Era un mérito, unha pompa que satisfacía a toda a cidadanía, pero eso había que xestionalo. E como?, protexendo o casco histórico e ampliando o núcleo de protección", afirmou Xerardo Estévez, arquitecto e alcalde de Santiago cando se declarou Patrimonio da Humanidade.
Un dos maiores logros, segundo o ex-rexedor, foi instalar as sedes de institucións e servizos fóra do núcleo histórico, unilos a través do periférico e rodear a cidade de zonas verdes.
"Foi unha estratexia de planeamento pensada, que foi o que máis satisfixo a UNESCO, saber que éramos capaces de xestionalo", dixo.
Estévez lembra tamén que a declaración supuxo a implicación do Estado, o que obrigou a crear un patronato no que estaban respresentandas as tres administracións, a estatal, a autonómica e a municipal, para traballar conxuntamente pola cidade.