CRTVG

Buscar

Santiago é dos destinos favoritos de Galicia para pasar o fin de ano

Publicado o 30/12/2019 15:28

Na recepción dos hoteis comezan a chegar os turistas que escolleron Santiago para despedir o ano.

O 80 por cento é turismo español, e entre os estraxeiros son maoría os portugueses, ainda que esta mañá na praza das Praterías había varios grupos organizados procedentes de Colombia e do Brasil.

Segundo os datos da Asociacion de Hostalería de Santiago, a cidade despedirá o ano cunha ocupación hoteleira de arredor do 40 por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019