CRTVG

Buscar

Sanidade realizará un cribado masivo a uns mil mozos tras dous gromos en Melide

Publicado o 18/08/2020 17:01

• Un vídeo que circula na Rede eleva as sospeitas de que a maioría dos once positivos teñen que ver co ocio nocturno

 

A confirmación de dous novos casos positivos da COVID-19 vinculados a un brote orixinado nun grupo de catro amigos menores de 30 anos en Melide eleva a 11 os casos detectados neste municipio. En concreto, segundo informaron fontes sanitarias, estes dous novos positivos están relacionados co brote do grupo de amigos.

Precisamente, tras estes casos, a área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará un cribado masivo a mil novos de entre 18 e 30 anos de idade. Ademais, neste municipio coruñés permanece estable outro brote familiar composto por tres positivos (pai, nai e fillo)

Convocáranos a todos por teléfono ou por mensaxe sms. As probas practicaranse mañá e pasado pola tarde no centro de saúde de Melide.

9 dos 11 contaxiados por coronavirus en Melide son menores de 30 anos. As autoridades sospeitan que esta festa da fin de semana puido facer que o virus correse como a pólvora entre os mozos. Un evento no que había centos de mozos e no que non se respectaban as medidas de seguridade. 

As autoridades sospeitan que esta festa da fin de semana puido facer que o virus correse como a pólvora entre os mozos.

Carmen Liñeiras, concelleira de Saúde:."En principio todo indica que o gromo está relacionado co ocio nocturno pero ainda se está investigando"

Gromos en Galicia

En Muros, soben a 8 os contaxiados no camping San Francisco. A instalación está xa aberta e libre de Covid-19. En total, na área sanitaria de Santiago-Barbanza hai 67 casos activos.

En Cedeira hai un gromo novo con 7 casos, e en Cerdido soben ata 16 os afectados no relacionado cun campamento de verán. 

En Vigo hai un gromo con 10 casos nunha familia de turistas. En toda a área sanitaria hai un total de 139 positivos.

En Pontevedra xa son 33 sanitarios do complexo hospitalario en corentena nos seus domicilios. Todos estiveran en contacto cun ingresado no servizo de Neumoloxía que faleceu a pasada fin de semana. Segundo o SERGAS, nesta área sanitaria hai un total de 75 casos.

En Ourense temos un novo gromo na capital e outro en Verín. No brote de Viana do Bolo hai 7 casos activos máis. En total, en toda a área sanitaria temos 131 contaxiados.

E en Lugo, hai xa sete afectados en Pedrafita. Están estables os brotes de Cospeito e Castro de Rei. En toda a área sanitaria hai 113 afectados por coronavirus. Esta tarde colecíase un novo gromo en Monforte de Lemos coñecido esta tarde. Afecta 8 persoas dun mesmo edificio.