CRTVG

Buscar

Sanidade prohibe a Amigos de Galicia almacenar e distribuír alimentos frescos

Publicado o 24/02/2020 14:36

Sanidade prohibe á Fundación Amigos de Galicia distribuír alimentos perecedoiros logo dunha denuncia na Fiscalía polas deficiencias das súas instalacións en Vilagarcía de Arousa. A ONG recoñece que non pode garantir a trazabilidade das mercadorías en fresco e tamén asegura que nunca se entregaron produtos en mal estado nos seus 25 anos de traxetoria. 

Segundo o director da Fundación, a denuncia de Sanidade acelera os plans da ONG de remodelar o seu sistema de reparto porque xa eran conscientes de que as naves de Vilagarcía non reunían as condicións necesarias. Actuaron, dixo, movidos pola demanda.

A investigación iniciada pola Fiscalía a raíz da denuncia de dúas traballadores que cumprían servizos á comunidade na fundación, tamén alcanza a varios lotes de alimentos caducados almacenados en Ourense. O responsable de Amigos de Galicia afirmou que nunca chegaron á distribución.

A ONG mantén os seus plans de emprego e de atención a colectivos desfavorecidos, pero xa avanzaron que o número de usuarios, que o ano pasado foi de máis de 37.000 persoas, se verá reducido considerablemente.

Noticias web

24/02/2020