CRTVG

Buscar

Sanidade investiga se os 18 casos de Xove e Burela teñen relación

Publicado o 26/06/2020 21:02

A plataforma de vixilancia epidemiolóxica e os servizos de Medicina Preventiva da área sanitaria da Mariña rastrexan os contactos dos 18 positivos por coronavirus diagnosticados esta semana na comarca, catro nas últimas horas deste venres. 11 deles tiveron a orixe na mesma reunión familiar en Xove. Agora tentan determinar se o resto de casos illados, detectados na zona de Burela, se corresponden co mesmo brote.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade "Si se confirman estes casos, que ata agora eran casos orfos -que non tiñan unha relación causal- co brote orixinal" "Posiblemente estean relacionados, isto é o que estan agora mesmo os membros de saúde pública investigando"

Dos 18 positivos a maioría son casos leves ou asintomáticos. Gardan corentena con seguimento médico na casa. Un está ingresado no Hospital da Costa. Sanidade di que non hai indicios de positivos nas residencias de anciáns da zona. O motivo de que se prohibiran as visitas, din, é por que se comezou por elas a segunda rolda de probas de coronavirus neste tipo de centros.

Jesús Vázquez Almuíña., conselleiro de Sanidade: "Simplemente porque estamos facendo o cribado desas residencias e en dous tres días teremos resultados. Nun afán preventivo e escrupuloso na atención aos maiores decidimos facelo así"

Sanidade dá por controlado tras a detección de nove positivos outro brote detectado na comarca da Barbanza con orixe nun caso importado.

Noticias web

26/06/2020