CRTVG

Buscar

Sanidade financiará un medicamento para deixar de fumar

Publicado o 29/09/2019 21:03

Os fumadores terán en breve un motivo para tentar deixar de fumar, porque o Sistema Nacional de Saúde vai financiar, por primeira vez, un medicamento para abandonar o tabaco.

A ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo, avanzou que só é "cuestión de semanas" para que estea á disposición dos posibles usuarios.

O medicamento xa se comercializa co nome de Champix e baséase nun principio activo que actúa bloqueando os efectos pracenteiros da nicotina no cerebro. Sanidade calcula que "pode beneficiar de entrada unhas 70.000 persoas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019