CRTVG

Buscar

Sanidade financia dous tratamentos para deixar de fumar

Publicado o 02/01/2020 14:46

Son dous tratamentos que levan tempo no mercado e que xa teñen demostrado a súa eficacia na loita contra a adicción ao tabaco. Agora van ser financiados, pero para acceder a eles hai que cumprir algúns requisitos, o máis importante, querer deixalo, pero tamén.

Alberto Freire. Médico de famil"No último ano ter intentado deixar de fumar unha vez, ter unha gran dependencia polo tabaco  que se vai a calcular mediante unha serie de test e que se fume máis de dez cigarrillos ao día",  apunta Alberto Freire, Médico de familia

"O tratamento de por sí, dura doce semanas, en torno a tres meses" comenta Manuel do Muíño,  Médico de familia.

A sanidade pública financiará un intento anual por paciente.

 "O Ministerio só financia un tratamento ao ano,  e despois en todo caso si o paciente está moi mentalizado e polo que sexa, fallou, pois o que ten que facer e como ata o de agora, pagar e volver a intentalo" continúa Manuel do Muíño, Médico de familia. 

"Sí, considero que é unha boa iniciativa  de cara a deixar de fumar" "Non me parece ben que o paguen iso" "Pois paréceme correcto porque ao fin ao cabo, aínda que se diga que é bastante caro, máis caro é manter as consecuencias de que a xente sega a fumar", opina a xente na rúa.

Calculan que desta medida se van poder beneficiar máis de 80.000 fumadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2020