CRTVG

Buscar

Sanidade financia desde hoxe os fármacos antitabaco

Publicado o 01/01/2020 15:24

Se se propuxeron romper co tabaco no aninovo téñeno algo mais fácil. A sanidade pública financia desde hoxe os fármacos para deixar de fumar.

O bupropión e a vareniclina, coñecida como Champix, prescribiranse con receita electrónica. Os pacientes teñen que estar en programas de apoio antitabaco e demostrar un alto nivel de dependencia. As autoridades sanitarias calculan que esta medida pode beneficiar a máis de 80.000 persoas.

A vareniclina, máis coñecida como 'Champix e o bupropión son os dous medicamentos para deixar de fumar que desde hoxe van ser financiados pola sanidade pública. Estes fármacos actúan como bloqueadores da ansiedade pola nicotina.

Miguel Reviejo Farmacéutico: "Ao paciente lles quita as ganas de fumar, teñen menos abstinencia, teñen menos gratificación para seguir fumando"

A prescripción destes tratamentos farase a través da receita electrónica, para aqueles pacientes que estean incluídos no programa de deshabituación tabáquica. O tratamento completo ten unha duración dentre nove e doce semanas e a sanidade pública só financiará un intento anual por paciente para deixar de fumar. Algúns fumadores consideran que van ser dunha gran axuda para deixar o tabaco, aínda que hai distintas opinións.

A sanidade pública prevé que esta medida pode benefciar a case oitenta e catro mil fumadores. O investimento estimado achégadse aos oito millóns de euros, xa que se trata de medicamentos caros

Miguel Reviejo Farmacéutico: "Non ,non son medicamentos baratos, andan sobre prezo de venda ao público entre 125 e 150 euros"

Con todo lembran que o máis importante é que haxa firme vontade para deixar de fumar.










 

Noticias web

01/01/2020