CRTVG

Buscar

As inspeccións sanitarias detectan un 31% de faltas no protocolo anticovid−19

Publicado o 03/03/2021 21:08

• As inspeccións sanitarias centraranse na hostalaría tras constatarse un alto grao de cumprimento das normas anticovid−19 no sector da alimentación

Durante o mes de febreiro 200 inspectores de Sanidade reforzaron os controis para garantir o cumprimento das medidas anticovid−19. Fixeron máis de 4.000 en establecementos de centros comerciais, mercados e tendas de alimentación. Nestes, máis da metade cumprian todas as normas. Nun terzo dos negocios detectaron problemas que os propietarios resolveron rapidamente. 

Carmen Durán Parrondo. directora xeral de Saúde Pública: "No 31 % dos establecementos atoparon deficiencias ou incumprimentos. Déronlles un prazo para emendalos e no 95 % dos casos amañáronse", explicou a directora xeral de Saúde Publíca Carnen Durán Parrondo.

E coa apertura da hostalaría, as inspeccións centraranse agora nese sector, que ten os ollos postos nas vacacións de Semana Santa, ainda que a Xunta considera prematuro decidir que medidas vai haber nesas datas.

"É francamente dificil ter un posicionamento rotundo cando queda máis dun ciclo epidemiolóxico. Creo que temos que ter unha perspectiva máis axeitada á situación epidemiolóxica que vivamos nese momento", apuntou o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.

A Xunta estuda as súas achegas ao documento base do ministerio coas propostas para Semana Santa.

Noticias web

03/03/2021

Máis sobre actualidade