CRTVG

Buscar

Sanidade aproba as expropiacións para ampliar Montecelo

Publicado o 12/06/2019 16:17

A Consellería de Sanidade acaba de aprobar a expropiación forzosa dunha trintena de propiedades para levar a cabo a ampliación do futuro hospital de Montecelo, en Pontevedra. Este proxecto, valorado en 140 millóns de euros, permitirá aumentar nun 50% a superficie deste hospital. A nova infraestrutura contará con novos espazos en varias zonas sensibles, amais de ampliar o número de salas e postos de urxencia.

O documento, que xa está publicado no DOG, será sometido a exposición pública durante un mes para que as persoas interesadas poidan formular as súas observacións e reclamacións. Esta ampliación afectará unha trintena de propiedades, entre elas, cinco vivendas e catro negocios.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

12/06/2019