CRTVG

Buscar

O Goberno agarda inmunizar 10 millóns de persoas coa vacina de Pfizer a principios de 2021

Publicado o 10/11/2020 12:32

Sanidade calcula que as primeiras vacinas de Pfizer e BioNTech poderían chegar a España a finais deste ano. Europa vai mercar douscentos millóns de doses da vacina e a España corresponderanlle 20 millóns. 

Como a cada persoa se lle van dar dúas doses (ten unha primeira e outra de recordo), calcúlase que se van poder vacinar 10 millóns de persoas. O dato confirmouno o ministro de Sanidade. Explicou que a vacina será gratuíta e se distribuirá a través do Sistema Nacional de Saúde, comezando polos máis vulnerables.

"Se todo isto vai ben, eu creo que a principios de xaneiro con esta e outras vacinas poderemos empezar unha fase de vacinación e nós calculamos que arredor de maio habería xa unha porcentaxe suficientemente relevante de poboación española e europea vacinada. Porque as vacinas van distrubuírse equitativamente en todos os países da Unión Europa e en relación á poboación de cada Estado membro", dixo Illa.

Noticias web

10/11/2020