CRTVG

Buscar

Sancionan cunha multa de 500 euros a Pedro Sánchez por facer campaña electoral desde Moncloa

Publicado o 23/01/2020 17:01
Sancionan cunha multa de 500 euros a Pedro Sánchez por facer campaña electoral desde Moncloa

A Xunta Electoral Central (XEC) resolveu sancionar con 500 euros de multa o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, por lanzar mensaxes electorais desde Moncloa en vésperas dos comicios do 10 de novembro, o que considera que supón unha vulneración do principio de neutralidade dos poderes públicos que figura na lei.

Na súa resolución, o organismo arbitral, que se reuniu este xoves, sinala que Sánchez, entón en funcións, "incorreu na infracción tipificada no artigo 153.1 da Lei orgánica do réxime electoral xeral" ao utilizar as dependencias do Palacio da Moncloa e a web de Presidencia para unha entrevista que concedeu a unha canle de televisión privada o pasado mes de outubro.

A XEC considera que o xefe do Executivo quebrantou "o principio de neutralidade que todo poder público debe respectar durante o proceso electoral", en aplicación do artigo 50.2 da Lei electoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí