CRTVG

Buscar

O Goberno prevé que entre 15 e 20 millóns de españois estean vacinados en xuño

Publicado o 04/12/2020 12:56

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou este venres que prevé que para os meses de maio ou xuño do próximo ano estean vacinados xa contra a covid-19 entre 15 e 20 millóns de españois.

Sánchez expuxo esa cifra durante a súa visita a Cantabria para presentar o Plan de recuperación, transformación e resiliencia da economía española.

Na súa intervención para presentar ese plan sinalou que durante a primeira fase do plan de vacinación, o Goberno estima que se vacinará a 2,5 millóns de persoas, mentres que na segunda fase e ata os meses de maio ou xuño ese número aumentará ata os 15 ou 20 millóns. 

O ritmo da vacinación estará condicionado por dous factores: a entrega de doses por parte das compañías e que chegue axiña a autorización por parte da Axencia Europea do Medicamento. E o Goberno reiterá só administrarán vacinas eficaces e seguras.

Hoxe mesmo hai unha reunión coas comunidades para empezar a organizar a distribución.