CRTVG

Buscar

Sánchez informa os presidentes autonómicos da prórroga do estado de alarma

Publicado o 31/05/2020 09:31
Sánchez informa os presidentes autonómicos da prórroga do estado de alarma

Nova xuntanza por videoconferencia dos presidentes autonómicos con Pedro Sánchez. O xefe do executivo comunicaralles os acordos parlamentarios que permitirán a sexta e, case seguro, última prórroga do estado de alarma ata o 22 de xuño.

Sánchez comprométese a xestionar conxuntamente coas autonomías os últimos pasos do desconfinamento e a que sexan os presidentes autonómicos os que leven as medidas que se adopten na fase 3, agás os desprazamentos fóra dos seus territorios. Falarán tamén do ingreso mínimo vital e dos fondos europeos para a reconstrución.