CRTVG

Buscar

Sánchez defende en Davos unha "xustiza fiscal" que redistribúa a riqueza

Publicado o 22/01/2020 15:17

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, defendeu este mércores en Davos unha "xustiza fiscal" que mediante os impostos axude á redistribución da riqueza, pero que tamén avance na "redistribución", cun funcionamento "máis xusto" dos mercados.

Na súa intervención no Foro Económico Mundial en Davos, Sánchez asegurou que o novo Goberno de coalición entre o seu partido, o PSOE, e Podemos "non será un Goberno de brazos cruzados" nin un "mero observador", como tampouco será un Goberno "instrumentalizado", senón "comprometido co futuro e coa sociedade".

E considerou que a mellor forma de combater á extrema dereita e ao "populismo da cerrazón" é "mediante a política do ben común proporcionando respostas".

No seu discurso, o presidente tamén recalcou que o crecemento económico a calquera custo é "inaceptable" porque non se pode ampliar a brecha social, e tamén subliñou que o seu Goberno aposta pola creación de emprego de calidade.

"Non queremos un futuro de precariedade e pobreza laboral", dixo.