CRTVG

Buscar

Sánchez acompañará a Caballero na presentación da súa candidatura

Publicado o 19/02/2020 14:59

O secretario xeral dos socialistas de Galicia mantivo un encontro co alcalde de Ferrol, ao que puxo como exemplo do cambio que quere impulsar desde o goberno da Xunta.

Gonzalo Caballero comprometeuse a impulsar un novo plan de reindustrialización e a retomar as obras da vía de alta capacidade da costa norte. Caballero presentará este domingo a súa candidatura á Xunta.

"Alí estaremos os socialistas presentando un novo proxecto político para unha nova Galicia. Para ben de todos, vainos acompañar o secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez", anunciou Gonzalo Caballero.

Noticias web

19/02/2020