CRTVG

Buscar

Salvador Illa despídese do Consello de Ministros

Publicado o 26/01/2021 19:30

Último Consello de Ministros para Salvador Illa. Esta tarde o presidente do Goberno comunicará os cambios no Executivo ao Rei e despois informará dos mesmos nunha declaración en Moncloa á as cinco e media da tarde.

Na súa última intervención como ministro de Sanidade Salvador Illa referiuse á situación da pandemia. Di que o aumento da ocupación en UCI e nas plantas é preocupante. Despediuse con agradecementos e lembrando os momentos máis duros á fronte da carteira. 


 

Noticias web

26/01/2021