CRTVG

Buscar

Sae de Venezuela para España o cuarto voo de repatriación con 376 pasaxeiros

Publicado o 05/07/2020 09:54

Un total de 376 pasaxeiros, case todos europeos, saíron de Caracas con destino a Madrid no cuarto voo de repatriación que organiza a embaixada española en Venezuela.

Segundo fontes da citada embaixada, lévanse evacuado unhas 1.400 persoas nos últimos tres meses, das que uns 800 son españois, varios venezolanos residentes en España e outros funcionarios. É posible que cotinúen organizándose máis repatriacións mentres se manteña o peche do espazo aéreo en Venezuela.

Noticias web

05/07/2020