CRTVG

Buscar

Rueda di no centro de datos que votar é "absolutamente seguro"

Publicado o 12/07/2020 08:47

Na sede central da Xunta, en San Caetano, xa está habilitado o centro de prensa onde os medios de comunicación poderán seguir mañá os resultados das eleccións, nas que están chamados a votar 2.234.152 galegos.

O vicepresidente, Alfonso Rueda, supervisou este mediodía os últimos preparativos, acompañado polo director xeral de Emerxencias, que será o encargado de comparecer ante os medios dos 89 xornalistas acreditados. "Nos colexios electorais vai estar todo preparado para que os que vaian teñan todas as garantías. E o lugar máis seguro vai ser o colexio electoral. Insisto en que ninguén quede sen votar pensando que non é seguro porque vai ser absolutamente seguro", afirmou Rueda.

Noticias web

12/07/2020