CRTVG

Buscar

Rueda mantén unha xuntanza coas Asociacións de Amigos do Camiño para falar dos obxectivos do Xacobeo 2021

Publicado o 30/09/2020 21:28
Rueda mantén unha xuntanza coas Asociacións de Amigos do Camiño para falar dos obxectivos do Xacobeo 2021

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde unha xuntanza con representantes das Asociacións e Fundacións de Amigos do Camiño de Santiago.

A ollada estivo posta na readaptación aos novos tempos do vindeiro Xacobeo 2021, que será descentralizado por toda a xeografía galega. O obxectivo principal é levar a cabo centos de actos culturais e de promoción, máis pequenos, pero estendidos por toda a comunidade.


 

Noticias web

30/09/2020