Rubén destaca o liderado de Murillo na mellora da defensa do Celta
Publicado o 04/03/2020 15:18
Di que é difícil que non se note a ausencia de Aspas en Xetafe
Dous partidos consecutivos coa portería a cero. É o equipo menos goleado da segunda volta, só recibiu cinco en sete xornadas. Estes datos converten o Celta nun equipo fiable en defensa. Algo impensable hai apenas tres meses.
Máis números: unha derrota en oito partidos, non se daba unha serie semellante dende a temporada 2015/2016.
Diminuíron as ocasións recibidas ata o punto de que o Granada só disparou unha entre os tres paus.
O Celta está cumprindo unha premisa fundamental para a permanencia, ser sólido atrás.
Máis sobre Vigo
19/01/2021 19:23