CRTVG

Buscar

Rubén cae lesionado no día en que reaparece Mina

Publicado o 19/11/2019 19:58
Rubén cae lesionado no día en que reaparece Mina

Rubén Blanco lesionouse no adestramento desta tarde. Todo aconteceu nun mal xesto á hora de despexar un balón. Tratou de parar un balón co pé e o xeonllo foille cara atrás. As primeiras probas sinalan que o gardameta de Mos sufriu unha escordadura no ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo. Rubén podería estar de baixa entre mes e medio e dous meses. A lesión chégalle cando xa estaba consolidado na portería celeste, de feito, mañá ten que recibir o premio ao mellor xogador do Celta por segundo mes consecutivo.

Volve Mina

A boa noticia protagonizouna Santi Mina. O dianteiro xa se adestrou cos seus compañeiros e apura a súa recuperación para tratar de chegar ao partido do domingo contra o Vilarreal. No adestramento desta mañá estivo totalmente integrado no traballo de grupo.

Tamén Kevin Vázquez iniciou traballo colectivo. Pola súa banda, hai máis dúbidas con Rafinha, que segue adestrándose individualmente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019