CRTVG

Buscar

Rúas desertas, parques baleiros e os balcóns convértense en espazos de ocio neste festivo na casa

Publicado o 19/03/2020 14:28

Rúas desertas, estradas practicamente sen tráfico e patios e parques sen balbordo. Unha estampa inusual e máis se temos en conta que se trata dun día festivo.

Unha xornada atípica tras o decreto do estado de alarma. A pouca xente que hoxe se ve na rúa é a que agarda a quenda para entrar na panadaría ou a que acode aos supermercados mentres os máis pequenos pasan este día de festa metidos na casa.

A situación obriga a reinventarse e os balcóns e ventás convértense en alternativos espazos de ocio e lecer onde gozar do sol e a boa temperatura da xornada festiva.

Un Día do Pai en que os xogos de mesa serán os protagonistas da tarde, porque o importante é intentar que as restricións alteren o menos posible a celebración deste día.

Noticias web

19/03/2020