CRTVG

Buscar

Rúas baleiras en Ourense e actividade nos polígonos industriais

Publicado o 16/03/2020 14:43

É o centro da cidade de Ourense á primeira hora desta mañá. Moi pouco ambiente. Os que si estaban eran os traballadores da limpeza desinfectando rúas e mobiliario urbano.

A media mañá, un pouco máis de actividade, pero a xusta, xente que pasea coa mascota, comprando o xornal, indo á farmacia. Os supermercados foron os lugares máis frecuentados. Unha imaxe que contrasta coa actividade nos polígonos industriais.

En vilas máis pequenas, coma no Carballiño, nótase máis movemento.
A policía, polo momento, informa.
Unha situación que nos acompañará nos vindeiros días e á que nos teremos que afacer.

Noticias web

16/03/2020