CRTVG

Buscar

Roubos en naves industriais de Xinzo de Limia e Monterrei polo método do buraco

Publicado o 22/04/2020 13:31

O encerro xeneralizado non impide que os amigos do alleo sigan actuando. A Garda Civil busca os autores de dous roubos en naves industriais de Xinzo de Limia e en Monterrei cometidos co método do buraco. Dunha delas os ladróns levaron varios electrodomésticos e baterías de vehículos.

Da outra nave levaron 600 litros de gasóleo, ademais de causar importantes desperfectos no interior. Os axentes barallan a posibilidade de que os dous roubos foran executados polas mesmas persoas.

Noticias web

22/04/2020