CRTVG

Buscar

Rouban xoias valoradas en 5.000 euros e cartos en Tamaguelos, Verín

Publicado o 29/07/2019 13:43

Unha casa de Tamaguelos foi o último obxectivo dos ladróns na comarca de Monterrei, moi preto da raia. A Garda Civil sospeita que os delincuentes sabían que estaba desocupada, os propietarios están na praia, rebentaron a porta traseira e unha vez dentro tiveron tempo para revolver todo buscando o de máis valor.

Na denuncia na Garda Civil os donos da vivenda valoraron o ouro roubado en 5.000 euros ademais de 700 euros en efectivo. Os asaltantes fuxiron sen que ningún veciño das casas lindeiras se decatasen de nada.

A Garda Civil investiga o roubo e non desbota que se trate dunha banda itinerante e que vendan o subtraído en Portugal.

Noticias web

29/07/2019