CRTVG

Buscar

Rouban nas instalacións de varias empresas de Ponte Caldelas

Publicado o 22/10/2019 14:31

É o estado en que quedou a cristaleira da oficina deste taller de coches de Ponte Caldelas. Ao non conseguir forzar a porta, os ladróns fixéronlle un boquete cun tronco.

Arrancaron a gravadora de vídeo da alarma e rebentaron a caixa rexistradora. Esta mañá os técnicos reparaban os danos.

Os ladróns tamén entraron noutros establecementos da zona, como esta gasolineira, onde non levaron nada de diñeiro, ou este outro taller mecánico.

Outra das afectadas por esta vaga de roubos, Ludi, aínda está nerviosa polo sucedido. Ela chegou ao seu viveiro, en Caritel, antes de que o ladrón fuxira.

Cinco asaltos nunha mesma noite, que aumentan a sensación de inseguridade entre os veciños. Piden máis presenza policial, e non desbotan contratar seguridade privada.

Os afectados denunciaron os feitos ante a Garda Civil, que mantén aberta unha investigación para aclarar o sucedido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019