CRTVG

Buscar

Rouban dous coches na mesma noite no Porriño

Publicado o 21/02/2020 13:46

Inés ía coller o seu coche para ir a traballar cando se decatou de que non estaba onde o deixara a noite anterior.

O mesmo lle pasou a Chrstian, saíu da casa e non atopou o seu coche. Os dous presentaron unha denuncia na Garda Civil e os dous teñen a mesma marca de coche pero diferente modelo.

Na mesma noite que roubaron os coches de Christian e de Inés, intentaron entrar noutros dous. Os motores dos vehículos subtraídos son moi demandados en Portugal.

Os vehículos foron subtraídos no centro do Porriño e en rúas sen saída. Nas redes sociais están a recibir o apoio de moita xente.

Noticias web

21/02/2020

Máis sobre O Porriño