CRTVG

Buscar

Rosa Cedrón ofrécenos un adianto en primicia do seu novo disco, 'Nómade'

Publicado o 06/08/2020 13:52

Rosa Cedrón saca novo disco catro anos despois do seu último traballo en solitario. Rematou a gravación onte mesmo en Gondomar e alí estivemos para que nos deixase escoitar en primicia un adianto das súas novas cancións. 

Dez días de intenso traballo no estudio de gravación Casa de Tolos, cos seus músicos habituais, o seu irmán Xavier e o pianista Miguel Artus. O resultado: Nómade, un disco síntese dos 25 anos dedicados á musica de Rosa Cedrón.

Na produción e arranxos, Sergio Moure, un compositor habitual de bandas sonoras. A primeira colaboración dos dous. "Para min foi un regalo este proxecto", asegura Sergio.

Doce temas compoñen o disco que di Rosa Cedrón exhala forza e maxia. Coa gravación rematada, o disco aínda non ten data de saída. Déixanos un adianto das súas novas cancións.

Noticias web

06/08/2020