CRTVG

Buscar

Rompen as negociacións no Pacto de Toledo sen lograr un acordo sobre as pensións

Publicado o 19/02/2019 21:03
Rompen as negociacións no Pacto de Toledo sen lograr un acordo sobre as pensións

Rompen as negociacións no Pacto de Toledo. Os traballos da comisión parlamentaria estaban moi cerca do consenso, pero tras máis de dous anos de negociacións Unidos Podemos e o Partido Popular rexeitaron sacar adiante unha conclusión con présas polo adianto das eleccións.

Esas conclusíóns son as que debían servir para reformar o sistema de pensións para garantir a súa sustentabilidade. Hai uns minutos, os grupos do PSOE, PNV, Compromís e PDeCAT rexistraban no Congreso unha solicitude para que se celebre unha sesión extraordinaria da Comisión do Pacto de Toledo para debater e votar o borrador de recomendacións.

Noticias web

19/02/2019