CRTVG

Buscar

Sabadell e BBVA rematan as conversas de fusión sen acordo

Publicado o 27/11/2020 11:27

O Banco Sabadell e BBVA finalizaron as conversas que mantiñan para a fusión sen acadar un acordo, segundo manifestaron ambas entidades en senllos feitos relevantes remitidos á Comisión Nacional do Mercado de Valores.

O Sabadell, na súa comunicación ao supervisor, precisou que o motivo do desacordo foi a execución de troco de accións entre ambas entidades. A entidade catalá considera que o prezo ofrecido polo banco vasco é insuficiente, e asegura que agora se vai centrar en medrar en España.

Esta fusión xeraría un grupo financeiro con case 1 billón de euros en activo e un tamaño en España moi semellante ao que vai ter o banco que saia da fusión entre Caixabank e Bankia.

Segundo a media dos analistas, a fusión de BBVA e Sabadell xeraría un aforro de custos duns 700 millóns de euros ao ano e un beneficio contable polo fondo de comercio negativo de polo menos 7.000 millóns de euros.

Noticias web

27/11/2020