Rega con sosa cáustica unha muller e a súa filla menor
Publicado o 30/06/2020 19:57

A policía anda na procura dun home que regou con sosa cáustica unha muller e a súa filla de 5 anos. Aconteceu en plena vía pública da localidade de Sant Feliu de Guíxols, en Xirona.
Nai e filla foron trasladadas ao Hospital Vall d'Hebron de Barcelona, onde permanecen ingresadas con queimaduras graves. Xa hai aberta unha investigación sobre o caso mentres as forzas de seguridade continúan buscando o agresor.