CRTVG

Buscar

Robles, molesta coas discrepancias no seo do Goberno sobre o conflito do Sáhara

Publicado o 19/11/2020 19:44

A ministra de Defensa amosou hoxe o seu malestar polas últimas discrepancias dentro da coalición de Goberno.

Margarita Robles lembrou que son o presidente e a ministra de Exteriores os que marcan a política exterior do executivo. Respondía así aos pronunciamentos de Pablo Iglesias ou do ministro Alberto Garzón sobre o conflito do Sáhara. Robles tamén criticou o seu socio pola presentación de emendas aos presupostos e pola a súa oposición a negociar as contas con Ciudadanos.

"Formar parte dun Goberno esixe unhas responsabilidades e a máis importante é que, aínda que teñamos opinións contrarias e distintas, cando hai unha posición que se debateu no seo do Goberno, hai que defendela. Ás veces, algúns membros do Goberno esquecen que temos que gobernar para todos os españois", dixo Margarita Robles, ministra de Defensa.

Noticias web

19/11/2020