CRTVG

Buscar

Robert Moreno asegura que marcha "coa conciencia tranquila"

Publicado o 20/11/2019 21:10

Robert Moreno, o que ata onte foi seleccionador da selección española de fútbol, despediuse a través dun comunicado.

Robert Moreno asegura que marcha "coa conciencia tranquila" e insiste en que el "nunca sería un impedimento para o regreso de Luis Enrique, aínda que iso supuxese a súa saída". Moreno non entra a valorar as últimas horas nin os últimos días como seleccionador. Marcha, di, con sabor agridoce e desexándolle o mellor a Luis Enrique.

Pero a gran pregunta segue sen desvelarse: ¿que pasou entre Moreno e Luis Enrique para que se rompese esa relación? Quizais sexa o propio Luis Enrique o que deba contestar esa pregunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019