CRTVG

Buscar

Ritz-Carlton faise co control total do estaleiro vigués Barreras

Publicado o 22/07/2020 09:57

García Costas bótase a un lado e Ritz-Carlton toma o control total do estaleiro vigués. O grupo norteamericano chega a un acordo con José García costas para facerse con control das accións da empresa Emenasa, un 24 % do total de accións de Barreras. Ao acordo negábase en princicio García Costas.

O empresario vigués tamén abandona o consello de administración do estaleiro, ao que pertencía desde 1997. A súa vacante queda sen cubrir e o Consello queda con só catro membros.

Sobre este acordo, a direción da empresa norteamericana di que vai axudar a garantir a finalización en prazo do cruceiro de luxo Evrima, o cruceiro inaugural de The Ritz-Carton Yacht Colletion, que se está a contruir na dársena de Barreras, e que confían en alcanzar máis contratos viables para o estaleiro.

 

 

 

Noticias web

22/07/2020