CRTVG

Buscar

Richard Barral: "Gastamos menos da metade dos cartos dos que dispoñiamos"

Publicado o 04/02/2020 20:00

Coa presentación de Keko Gontán e de Jovanovic o Deportivo pechou un intenso mercado de inverno. Seis saídas e sete chegadas que deixan, en opinión de Richar Barral, un cadro máis forte: "Os xogadores que chegaron, que tiveron impacto no equipo, axudan aos outros a subiren o seu nivel, é lóxico e eu creo que ao equipo aínda lle queda un percorrido cara arriba"

Obxectivo que se acada cun gasto inferior ao previsto segundo revelou o asesor do consello de administración do club herculino: "Se dividimos entre os 7 xogadores que chegaron o diñeiro gastado é moi pouquiño. Eu creo, así a ollo, que non chegou nin á metade deses cartos"

Así e todo, Barral non é partidario de inflar as expectativas: "No momento no que perdamos estou expectante a ver como é a reacción de todo o mundo, do equipo e de todo o mundo, e aí temos que manter a cabeza fría e lembrar de onde vimos e que o único obxectivo é a permanencia. Se a conseguisemos antes de tempo poderiamos pensar noutra cousa"

De momento o descenso está a dous puntos e a promoción de ascenso, a oito

Noticias web

04/02/2020